
O Servizo de Apoio Integral a Mulleres Coidadoras (SAIC) é un proxecto de carácter innovador cuxo obxectivo é mellorar e favorecer a saúde e a calidade de vida das coidadoras de familiares con diversidade funcional, fomentando a súa participación en actividades de autocoidado e de participación social, así como o exercicio dunha cidadanía activa. Trátase dun programa de continuidade que ofrece actuacións de: información e asesoramento individualizado, talleres formativos e outras actividades grupais para as participantes e, no seu caso, accións de sensibilización coa poboación en xeral.
Objetivos:
Obxectivos xerais:
OG. Mellorar a calidade de vida das coidadoras, excoidadoras ou potenciais coidadoras, non profesionais, de familiares con diversidade funcional, propiciando a súa activación persoal e social.
Obxectivos específicos:
OE.1 Informar e asesorar ás mulleres destinatarias sobre o Servizo e/ou sobre aspectos relacionados con saúde, autocoidado, participación social e outros recursos de atención á dependencia e de apoio ás mulleres coidadoras do territorio.
OE.2 Asesorar, acompañar e facer un seguimento continuo das beneficiarias do servizo no seu proceso de activación persoal e/ou social.
OE. 3 Facilitar ferramentas e estratexias as participantes que fomenten a mellora da súa calidade de vida e a súa participación social.
OE. 4 Fomentar a participación e interacción social das usuarias e a súa cidadanía activa.
Poblacion Destinataria:
As beneficiarias do programa son mulleres coidadoras, ex-coidadoras as potenciais coidadoras non profesionais de familiares con diversidade funcional.
Os criterios tidos en conta para seleccionar ás participantes serán:
- Mulleres coidadoras non profesionais
- Excuidadoras non profesionais
- Potenciais coidadoras