Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

O Servizo de Apoio Integral a Mulleres Coidadoras é un proxecto cuxo obxectivo é mellorar a calidade devida das coidadoras de persoas con discapacidade non profesionais a través do fomento da súa activación persoal e social. Trátase dun programa de continuidade, que se leva a cabo desde o ano 2011 e que pretende complementar os servizos xa existentes no ámbito da dependencia e ofrece actuacións de: Información e asesoramento individualizado, talleres formativos e outras actividades grupais con coidadoras e, no seu caso, sensibilización con poboación en xeral.
Objetivos:
Obxectivo xeral: Mellorar a calidade de vida das coidadoras non profesionais de familiares con diversidade funcional a través do fomento da súa activación persoal e social. Obxectivos específicos: · Informar e asesorar ás mulleres destinatarias sobre o servizo e outros recursos de atención á dependencia e de apoio ás mulleres coidadoras. · Acompañar e facer un seguimento continuo das beneficiarias do Servizo. · Fomentar a activación das usuarias do servizo a través de talleres grupais.. · Promover espazos de participación das usuarias.
Poblacion Destinataria:
Mulleres coidadoras, non profesionais, de familiares con diversidade funcional.
  • Año Inicio: 2020
  • Año Final: 2020