Inicio > Noticias > XXIV Curso de Creación de Empresa na Coruña
Feb
13
2019
Próximo curso semipresencial de Creación de Empresas en Fundación Mujeres - A Coruña
XXIV Curso de Creación de Empresa na Coruña
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Xa podes inscribirte no próximo Curso de Creación de Empresa de Fundación Mujeres que empeza o 12 de marzo de 2019 na Coruña

No mes de marzo pomos en marcha unha nova edición do Curso de Creación de Empresa na Delegación de Galicia, dirixido a emprendedoras cunha idea de negocio e a empresarias interesadas en reformular o seu proxecto.

Esta formación está dirixida a:

  • Emprendedoras que desexan analizar a viabilidade do proxecto antes da súa posta en marcha.
  • Empresarias que queren estudar a viabilidade do seu negocio co obxectivo de melloralo e consolidalo.

A formación ten carácter gratuíto, xa que está financiada polo Fondo Social Europeo - Programa Operativo de Inclusión Social y Economía Social (POISES) no marco do proxecto DANA "Empleo y Emprendimiento en Igualdad". Ten unha duración de 120 horas, das cales 35 son obrigatorias e presencias e o resto a través do noso Campus Online.

A metodoloxía de traballo é fundamentalmente práctica, o cal combina a eficacia da formación presencial coa flexibilidade da formación on line.

Se estás interesada, consulta as datas e mais información.

 

INSCRÍBETE NESTE FORMULARIO.

 

E poñémonos en contacto contigo.

 

As prazas son limitadas!