Inicio > Noticias > Xornada especial en Aspace (Sada) para rematar o ciclo de talleres do SAIC Rural
Dic
12
2018
Actividade especial para celebrar o derradeiro día de talleres
Xornada especial en Aspace (Sada) para rematar o ciclo de talleres do SAIC Rural
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Fundación Mujeres contou coa colaboración da Fundación Siel Bleu para dar a última sesión do progrma centrado no benestar físico das usuarias participantes no SAIC Rural no concello de Sada.
Para rematar os talleres previstos na programación do centro ASPACE (Sada), enmarcados no Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural, executado por Fundación Mujeres e cofinanciado pola Deputación da Coruña, tivemos unha sesión especial con Diego Sánchez, responsable da rexión de Galicia na Fundación Siel Bleu. Diego é licenciado en Ciencias del Deporte e Actividade Física e está a por en marcha diferentes proxectos de saúde e de prevención para a enfermidade crónica, dependencia e fraxilidade.
 
O noso convidado acercouse as instalacións do centro APACE para levar a cabo unha xornada chea de recomendacións posturais e preventivas para mellorar a calidade de vida das nosas usuarias.
 
Sabemos que son moitas as consecuencias físicas das tarefas asociadas ós coidados de persoas dependentes. As coidadoras sofren dolores de espalda, de rodillas, brazos.. todos eles provocados na súa maoría pola carga de pesos e polo estrés sufrido destas tarefas. Falamos de suxerencias e consellos para paliar os esforzos físicos e fixemos unha chea de exercicios físicos encamiñados ó estiramento e mellora dos nosos músculos como coidadoras.
 
Tódalas usuarias sentíronse inmensamente agradecidas por esta iniciativa da Fundación Mujeres e presumiron a posta en práctica das recomendacións aprendidas.