Inicio > Noticias > XIX Encontro de Emprendedoras e Empresarias na Coruña
Jun
12
2019
O 20 de xuño, con motivo da clausura do Curso de Creación de Empresa, convidámoste ao Encontro entre Empendedoras e Empresarias
XIX Encontro de Emprendedoras e Empresarias na Coruña
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Desde Fundación Mujeres queremos crear espazos de reunión, debate e intercambio para Emprendedoras e Empresarias.

Unha vez mais, reunímonos para compartir experiencias no Centro Municipal de Empresas ACCEDE Papagio da Coruña.

 

Nesta ocasión, o tema en torno ao cal xira o XIX Encontro de Emprendedoras e Empresarias é a Economía Social.

Esta xornada está financiado polo Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social e Fondo Social Europeo, dentro do programa "Dana. Empleo y Emprendimiento en Igualdad"

Contaremos coa participación de entidades relevantes no campo da Economía Social. Explicarannos cales son os retos marcados na axenda 2030. E intervirán empresas referentes que traballan en distintos campos, desde o ensino á reciclaxe ou a moda.
 
O programa ten os seguintes contidos: 
  • Inauguración.
  • Mesa institucional e introdución temática EMPRESA SOCIAL
  • Panel de emprendedoras de Fundación Mujeres (alumnas do CCE)
  • A miña empresa nun minuto (Empresarias que desexen compartir os seus proxectos con nós, salientando o enfoque social do proxecto)
  • Descanso
  • Panel de Empresarias: Mulleres Empoderadas e Economía Social
  • Espellos nos que mirarnos. Empresarias Sociais e boas prácticas.
  • Clausura
 
 
 
 
Vémonos alí!