Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Tertulia de Coidadanas sobre bulos informativos en época de pandemia
May
18
2020
#FakeNews
Tertulia de Coidadanas sobre bulos informativos en época de pandemia
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Esta actividade está enfocada en que as usuarias coñezan a problemática das fake news e comproben como nos inflúen no noso día a día, tendo unha mayor incidencia na actualidade por mor da crisis do coronavirus.

Debido á situación de confinamento que estamos a vivir a causa desta emerxencia sanitaria polo CoVid-19, xurdiron moitas noticias falsas coa intención de enganar e crear malestar na sociedade. Por isto, Fundación Mujeres levará a cabo un espazo de participación online onde se tratará a temática das noticias falsas e da desinformación á que estamos sometidas durante este confinamento. 

 

Trataranse noticias de diversa índole que están relacionadas coa enfermidade do coronavirus, como pode ser a mala reutilización de mascarillas ou falsos medicamentos que non son eficaces contra esta enfermidade. A maioría destas noticias falsas encóntranse en internet e chegan a nós, principalmente, a través das redes sociais, sendo estas un mecanismo de difusión moi rápido. 
 
Esta actividade, totalmente gratuíta, se levará a cabo este venres 22 de maio no marco de Servizo de Apoio a Mulleres Coidadoras, executado por Fundación Mujeres e financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
 
Se es coidadora, excoidadora, o potencial coidadora y queres participar nas próximas actividades, chama ao 981 294 097 (extensión 6001) ou manda un mail a igualdadgalicia@fundacionmujeres.es e te informaremos.
 
Aínda quedan prazas ¡Anímate e participa!