Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Remata o proceso formativo en xénero impartido ao persoal de Fundación Humana Pueblo a Pueblo – Ecuador
Dic
17
2020
Formación Institucional
Remata o proceso formativo en xénero impartido ao persoal de Fundación Humana Pueblo a Pueblo – Ecuador
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
No mes de decembro de 2020, desenvolveuse un proceso de formación en xénero dirixido ao persoal de Fundación Humana Pobo a Pobo Ecuador, impartido por Fundación Mujeres a través de catro sesións telemáticas

Durante o mes de decembro de 2020, Fundación Mujeres impartiu un proceso formativo en xénero dirixido ao persoal de Fundación Humana Pueblo a Pueblo Ecuador (FHPP-E), a súa socia local no país, como parte da formación interna contemplada nas actividades transversais do proxecto “Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua”, executado por ambas  as organizacións e con fondos da Xunta de Galicia - Cooperación Galega

 
Aproveitando a ampla experiencia de Fundación Mujeres na impartición de procesos formativos en igualdade de xénero e integración da perspectiva de xénero en proxectos, o persoal de FHPP-E (tanto directivo e administrativo como equipos técnicos) puido formarse nesta temática, a través de catro sesións telemáticas celebradas os días 3, 9, 10 e 16 de decembro, nas que se abordaron os seguintes temas:

 

  • Sensibilización básica en igualdade de xénero
  • Introdución á perspectiva de xénero en proxectos de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento. 
  • Ferramentas de análises ou diagnóstico con enfoque de xénero. 
 
Con este proceso formativo, os/as traballadores/as de FHPP-E fortaleceron os seus coñecementos básicos de xénero e as súas capacidades para transversalizar a perspectiva de xénero de forma adecuada nos proxectos, co obxectivo de contribuír á transformación da realidade desde unha mirada feminista. Na primeira sesión, reflexionaron sobre os roles e estereotipos de xénero así como as brechas de desigualdade existentes a nivel nacional e internacional, cuestionándose os mecanismos de opresión e subordinación de poder ao que se enfrontan as mulleres en todas as esferas da súa vida, así como as desigualdades que aínda persisten e limitan o seu desenvolvemento, tanto en Ecuador como no resto do mundo. Ademais, coa participación nas dúas últimas sesións, puideron adquirir ferramentas específicas para a incorporación da perspectiva de xénero en todas as fases do ciclo do proxecto, desde o diagnóstico até a avaliación, recoñecendo a importancia do seu uso no seu traballo diario como organizacións sociais. 
 
Ao finalizar a formación, as persoas participantes valoraron a aprendizaxe e admitiron estar xa aplicando algunhas destas ferramentas nas súas actuais formulacións, así como a importancia de comezar cunha análise de xénero en todos os proxectos.  Tamén expresaron o seu interese en seguir formándose neste tema, pois consideran que se trata dun proceso amplo no que necesitan seguir traballando.