Inicio > Noticias > Pechamos unha nova edición do SAIC Rural no concello de Bergondo
Dic
03
2018
Proxecto cofinanciado pola Deputación Da Coruña
Pechamos unha nova edición do SAIC Rural no concello de Bergondo
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Cun total de 9 mulleres participantes, e subvencionada pola Deputación de A Coruña, tivo lugar a 6ª edición do programa Cuidadanas na Casa da Cultura de Bergondo.

Esta semana remata unha nova edición do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no ámbito rural, proxecto executado por Fundación Mujeres e cofinanciado pola Deputación da Coruña, na Casa da Cultura de Bergondo, onde comezamos no mes de outubro e acompañamos ás mulleres coidadoras durante 9 sesións.

 

Durante estes meses, impartimos diferentes talleres de cara a mellorar a autoestima e a saúde integral das mulleres que participaron neles.

 

Algunhas das temáticas que se abordaron foron:

  • Identidade e Proxecto vital
  • Xestión do Tempo
  • Xestión Emocional
  • Habilidades comunicativas
  • Corresponsabilidade

 

As mulleres participantes apuntaron ter acadado novas chaves para transitar a súa situación actual como coidadoras de persoas dependentes, así como novos estímulos para incorporar pautas de autocoidado e de autoamor nas súas vidas, de cara a consecución dun benestar maior no seu día a día.

 

Darse tempo para sí propias, valorar os seus logros e o seu traballo no labor dos coidados, coñecer as súas necesidades, lexitimalas e priorizalas de cando en vez fronte ás dos e das demáis, respetarse e valorarse tal e como unha é… foron algunhas das achegas que fomos traballando e reforzando ao longo dos talleres e que agora as mulleres levan consigo para incorporar no seu cotía.