Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Obradoiros DANA, formación para a busca activa de emprego en Arteixo
Feb
03
2020
Formación para mulleres que buscan emprego: Que ferramentas empregar e como podemos optimizalas para que nos facilitan o traballo de buscar emprego.
Obradoiros DANA, formación para a busca activa de emprego en Arteixo
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Fundación Mujeres continúa co programa DANA dirixido ao empoderamento das mulleres para o emprego e o emprendemento, que as acompaña no desenvolvemento de itinerarios de inserción laboral e de emprendemento.

En colaboración co CIM do Concello de Arteixo e durante os días 13, 17, 18, 19 e 20 de febreiro realizaremos obradoiros presenciais e titorizacións individuais co obxectivo de traballar as habilidades sociais e competencias para a empregabilidade por conta propia e allea, coñecer os recursos para a mellora da incorporación ao mercado laboral e traballar as competencias dixitais.

 

PROGRAMA

Arteixo

1.- Competencias dixitais para o emprego (8 h)

Usando o computador para a miña procura de emprego

13-feb.

Estratexias de procura de emprego en internet

17-feb.

2.- Formación en competencias básicas para o emprego e o autoemprego (9h)

Dinámicas grupais e procesos de selección

18-feb.

+ Competencias

19-feb.

3.-Formación en liña para a procura de emprego (3 h presenciais)

Técnicas e ferramentas para a procura de emprego (20h en liña)

20-feb.

Procesos de selección (10 h en liña)

 

Horario:

9:30 -13:30

Lugar:

Aula Informática - Arteixo

     

Se estás interesada ou coñeces a alguén que consideres lle poda ser de utilidade, non dubides en contactar con nós:

 

galicia@fundacionmujeres.es

 

981 29 40 97

 

660 35 58 31

 

O proxecto DANA está financiado polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social e o Fondo Social Europeo.