Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Novos obradoiros DANA, de busca activa de emprego e emprendemento na Coruña
Feb
03
2020
Formación para mulleres que buscan emprego: Novas edicións para traballar as ferramentas que nos facilitan o traballo de buscar emprego.
Novos obradoiros DANA, de busca activa de emprego e emprendemento na Coruña
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Fundación Mujeres continúa co programa DANA dirixido ao empoderamento das mulleres inmegrantes para o emprego e o emprendemento, que as acompaña no desenvolvemento de itinerarios de inserción laboral e de emprendemento.

Durante os meses de marzo e abril desenvolveremos o Programa DANA: Emprego e Emprendemento en Igualdade. Realizaremos obradoiros presenciais e titorizacións individuais co obxectivo de traballar as habilidades sociais e competencias para a empregabilidade por conta propia e allea, coñecer os recursos para a mellora da incorporación ao mercado laboral e traballar as competencias dixitais.

 

Cada obradoiro está formado por cinco módulos.

  

·         Módulo 1:Habilidades e competencias para o emprego

·         Módulo 2: Motivación e habilidades para o auto emprego

·         Módulo 3:Competencias dixitais para o emprego

·         Módulo 4:Formación en competencias básicas para o emprego e o auto emprego 

·         Módulo 5: Formación en liña para a procura de emprego

 

Edicións previstas:

 

EDICIÓN I: Inicio  6 marzo

EDICIÓN II: Inicio 14 abril 

 

Inscríbete a través do enlace pinchando AQUÍ

 

Se estás interesada ou coñeces a alguén que consideres lle poda ser de utilidade, non dubides en contactar con nós:

galicia@fundacionmujeres.es

 

 981 29 40 97 /  660 35 58 31

 

O proxecto DANA está cofinanciado polo Concello da Coruña, Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social e o Fondo Social Europeo.