Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Muller e emprendedora: Proxectos con nome propio
Oct
09
2019
Queres emprender un proxecto empresarial? Por onde empezas? Tes exemplos que che serven de referentes?
Muller e emprendedora: Proxectos con nome propio
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
En colaboración con Periféricas organizamos unha xornada na que poderás analizar os primeiros pasos da túa idea de negocio e escoitar as experiencias de mulleres emprendedoras.

Ter unha idea de negocio é o primeiro paso para empezar a traballar a posibilidade de levar a cabo un proxecto empresarial e ser Empresaria. Analizar a viabilidade, saber que trámites e onde os hai que facer.

Todo isto é moito mais fácil se coñecemos casos de mulleres que o fixeron antes, que tiveron que dar eses mesmos pasos...e, como lles foi?

En colaboración con Periféricas, pomos á túa disposición a posibilidade de traballar a túa idea de negocio e de escoitar e conversar con mulleres que xa fixeron ese camiño.

 

PROGRAMA:

  • Análise do punto de partida para un proxecto empresarial.
  •  Mulleres emprendedoras: Referentes de éxito.

 

Queres facerte preguntas e analizar as respostas? Apúntate neste FORMULARIO

 

Queres contarnos a túa experiencia como empresaria? Mais información: PERIFÉRICAS

 

LUGAR: AGORA. Lugar Gramela s/n A Coruña

DIA: Mércores, 30 de outubro de 2019

HORARIO: 9.30 – 13.30

 

As prazas son limitadas! 

 

Esta actividade está financiada polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social