Inicio > Noticias > Mozas e mozos de El Salvador participan en un intercambio de experiencias sobre a formación recibida en xénero e dereitos sexuais e reprodutivos
Dic
10
2018
22 mulleres e homes novos reuníronse para compartir experiencias e aprendizaxes
Mozas e mozos de El Salvador participan en un intercambio de experiencias sobre a formación recibida en xénero e dereitos sexuais e reprodutivos
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Las Mélidas realizaron unha xornada de intercambio de experiencias co obxectivo de identificar os impactos logrados, no ámbito persoal, familiar e comunitario, a través dos procesos de formación levados a cabo durante este ano con mulleres e homes novos de diferentes comunidades de El Salvador

Ao longo deste ano desenvolveronse dous procesos formativos sobre xénero e dereitos sexuais e reprodutivos, un con mozas e outro con mozos,  no marco do proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia” executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia.

 

A modo de avaliación intermedia, realizouse a principios de decembro un encontro de intercambio de experiencias coas mozas e mozos participantes nos devanditos talleres formativos. Na actividade participaron 22 mozos procedentes dos departamentos de Santa Ana, Sonsonate e Ahuachapán, que foron  parte dos procesos de formación realizados.
 
A xornada foi facilitada por Sandra Ayala, das Mélidas e Manuel Tobar de Homes pola Equidade, que ademais tamén son quen imparten os talleres formativos nos que participan as e os mozos. 
 
Nesta ocasión formáronse grupos de traballo para compartir as experiencias en colectivos pequenos mixtos, co obxectivo de romper un pouco o xeo e logo poder compartilas en plenaria. 
 
As achegas dos grupos permitiron avaliar o aprendido nos procesos e a asimilación dos contidos en relación ás relacións que se establecen entre mulleres e homes na vida cotiá.
 
As persoas participantes, tanto mulleres como homes, manifestaron que ser parte destes  procesos contribuíu ao seu empoderamiento, ao fortalecemento dos lazos de confianza e continuar a loita desde cada un dos seus espazos para vivir unha vida máis equitativa e igualitaria entre mulleres e homes.