O 25 de novembro é un día de loitaa a nivel internacional en contra da violencia cara ás mulleres
Marcha en contra da violencia cara ás mulleres en El Salvador

Fundación Mujeres - Delegación Galicia
En conmemoración ao Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, Las Mélidas, en coordinación con organizacións que promoven e defenden unha vida libre de violencia para as mulleres, marcharon este pasado 26 de novembro
O pasado 26 de novembro, máis de 500 mulleres organizadas polas Mélidas participaron nunhamarcha na que, a través de consignas e pancartas, esixiuse o cesamento da violencia contra as mulleres e os actos de feminicidio.
Durante a marcha pasouse por algunhas institucións do Estado para facer proclamas sobre o respecto dos dereitos das mulleres e esixencia da actuación en casos relacionados coa violencia de machista. Algunhas das institucións visitadas foron o Centro Xudicial Isidro Menéndez, a Corte Suprema de Xustiza, a Asamblea Lexislativa e Medicina Legal.
Como unha acción reivindicativa todas as mulleres que participaron na marcha soltaron globos de cores morado, negro e branco en memoria das mulleres asasinadas por feminicidio e reclamando xustiza para todas as mulleres vítimas de violencia.
Nesta actividade participaron mulleres de todas as zonas de traballo de Las Mélidas: occidental, paracentral e central. As participantes mostraron interese e compromiso por erradicar a violencia, ademais de continuar cos seus procesos de empoderamiento.