Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Fundación Mujeres viaxa a Ecuador en visita de seguimento
Feb
29
2020
“Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua”
Fundación Mujeres viaxa a Ecuador en visita de seguimento
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
A finais do mes de febreiro, Rocío Hernández, en representación da área de Cooperación de Fundación Mujeres, viaxou a Ecuador coa finalidade de monitorear e acompañar o proyectou que actualmente se está executando xunto con Fundación Humana Pobo a Pobo Ecuador (FHPPE), entidade socia local, e financiado pola Xunta de Galicia.

Durante a súa estancia en Ecuador, a representante de Fundación Mujeres aproveitou os seus primeiros días en Quito para manter diversas reunións tanto coa Directiva de Fundación Humana Pueblo a Pueblo – Ecuador (FHPPE), con o consultor do plan de comercialización como co equipo contratado para brindar acompañamento e formación aos homes prolductores en materia de igualdade. Así mesmo dedicou parte da súa estancia para realizar o seguimento económico do proxecto, conxuntamente coa compañeira de FHPPE, Patricia Ayala.

 

Posteriormente trasladouse a Quisapincha, acompañada pola responsable local do proxecto Paula Galofre e o Director de proxectos Bjarne Hjorth, onde se mantiveron varias reunións crave con actores locais: GAD parroquial de Pila huín (goberno autónomo descentralizado), o Alcalde de Ambato, así como o GAD parroquial de Quisapincha. A finalidade destas reunións era animar a que estes organismos poidan colaborar e contribuír, económica e tecnicamente, á execución do proxecto “Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua”, executado por FHPPE e Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia, xerándose así condicións que permitan ir asentando as bases dunha intervención sustentable a futuro.  
 
FHPPE aproveitou a visita de Rocío Hernández para que, durante a mesma, puidese reforzar e fortalecer ao equipo local en aspectos vinculados coa xestión e monitoreo do ciclo de proxectos, así como formar á poboación integrante da Asociación Ckaturanti Shinak (Comercio Xusto), a quen  impartiu un Taller de Formación básica en xénero.