Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Fundación Mujeres remata os itinerarios de formación previstos ata novembro dirixidos a mulleres coidadoras de A Coruña
Nov
29
2021
Servizo financiado polo Concello da Coruña
Fundación Mujeres remata os itinerarios de formación previstos ata novembro dirixidos a mulleres coidadoras de A Coruña
Fundación Mujeres - Delegación Galicia

Dende Fundación Mujeres puxéronse en marcha unha serie de obradoiros no marco do Servizo Integral de Apoio ás Mulleres Coidadoras financiado polo Concello da Coruña, co fin de brindar apoio a mulleres coidadoras non profesionais da cidade.

 

As actividades formativas deron inicio no mes de setembro e desenvolvéronse en diferentes lugares públicos da cidade, como foron os Centros Cívicos de Monelos, Castrillón e Novoboandanza, así como no Forum Metropolitano, aos que agradecemos a súa colaboración. O horario, dependendo do lugar de realización, foi de mañá ou de tarde, para facilitar, asemade, a corresponsabilidade e a participación do maior número de mulleres posible. Algunhas das temáticas tratadas nos diferentes lugares foron moi variadas e adaptadas ás necesidades e demandas das participantes, incluíndo as seguintes: saúde e autocoidado, escoita activa e resolución de conflitos, xestión de emocións, límites, xestión do tempo, etc. Ademais, leváronse a cabo activades de reforzo a través dos espazos de participación con temáticas variadas, como nutrición saudable e mobilización de persoas con dependencia, entre outras.

As mulleres asistentes mostráronse moi implicadas nas temáticas traballadas e participativas en cada unha das sesións impartidas. Agradeceron os coñecementos achegados durante os diferentes obradoiros, como se puido comprobar nos cuestionarios realizados ao rematar, ademais de mostrar interese por tratar outras temáticas relacionadas co autocoidado.