Inicio > Noticias > Fundación Mujeres lanza unha campaña de apoio online para as mulleres coidadoras
Mar
23
2020
#nonestassoa #quedanacasa #seguimoscheacompañando
Fundación Mujeres lanza unha campaña de apoio online para as mulleres coidadoras
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Iniciativa creada no marco do Servizo de Apoio a Mujeres Coidadoras financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

O pasado venres día 20 Fundación Mujeres lanzou unha campaña de apoio vía whatsapp entre as usuarias do Servizo de Apoio a Mulleres Coidadoras para recordarlles que, aínda que teñan que quedarse en casa, non están soas.

 

Pedímoslles que mandasen unha palabra de apoio ou esperanzadora ante esta situación de confinamento na que estamos inmersas desde o Decreto do Estado de Alarma. A iniciativa tivo moi boa acollida, participando un total de 89 mulleres, e entre todas as palabras recibidas formamos un mosaico de como o están vivindo elas. Según as súas propios comentarios, agradecen saber que, aínda que sexa na distancia, seguen podendo contar con nos e participar en actividades que lles fan máis levadero o confinamento.
 
Esperamos volver a vervos pronto para rir, abrazarnos e compartir experiencias nas actividades grupais de Cuidadanas.
 
¡Coidaros moito!