Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Fundación Mujeres e COGAMI colaboran no marco do Servizo Integral de Apoio ás Mulleres Coidadoras (SAIC)
Sep
24
2021
Comezan os talleres en Ferrol, Lugo e Mos
Fundación Mujeres e COGAMI colaboran no marco do Servizo Integral de Apoio ás Mulleres Coidadoras (SAIC)
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Grazas a esta colaboración, Fundación Mujeres traballará con 3 grupos pertencentes aos centros de COGAMI en diferentes puntos da Comunidade Autónoma co obxectivo de favorecer e mellorar a calidade de vida das mulleres participantes así como dotalas de ferramentas para fomentar o seu autocoidado e o estabelecemento de límites nas relacións familiares entorno aos coidados.

Dende o 29 de setembro ata o 30 de novembro mulleres coidadoras de familiares con diversidade funcional pertencentes a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) terán a oportunidade de participar nuns obradoiros para mellorar a súa activación persoal traballando temáticas como saúde e autocoidado ou empoderamento e autoestima. Fundación Mujeres impartirá esta formación no marco do Servizo Integral de Apoio ás Mulleres Coidadoras financiado pola Conselleria de Política Social da Xunta de Galicia dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF.

 
Durante esas sesións analizaranse os factores que condicionan a saúde para fomentar o autocoidado promovendo prácticas de vida e saúde saudábeis de cara a mellorar o benestar das mulleres que, en moitas ocasións, vese mermado debido a sobrecarga das tarefas do coidado. O longo do itinerario as mulleres participantes traballarán tamén na súa autoestima, determinante no seu proceso de empoderamento persoal.
 
Agradecemos a colaboración do persoal de COGAMI pola súa boa disposición e apoio para poder organizar os itinerarios e os contactos coas participantes.