Inicio > Noticias > Fundación Mujeres e a Facultade de Socioloxía colaboran nun Espazo de Participación.
Mar
13
2019
As usuarias de Cuidadanas participaron no visionado e debate do documental no salón de graos da Facultade de Socioloxía.
Fundación Mujeres e a Facultade de Socioloxía colaboran nun Espazo de Participación.
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Con motivo da celebración do Día da Muller, que se trasladou do día 8 á mañá do 12, Fundación Mujeres organizou un video fórum co documental Mujer (es) Mujer, que contou coa presenza da súa produtora e guionista, Gabriela Amor Puente, así como das usuarias de Cuidadanas e do alumnado do Grao de Socioloxía.

A xornada comezou ás 11:00 da mañá do martes 12 de marzo no salón de graos da Facultade de Socioloxía donde a decana, Raquel Martínez Buján, doulles a benvida ás usuarias de Cuidadanas e o resto dos asistentes que acudiron ó acto. María Hervada fixo o propio representando a Fundación Mujeres e Gabriela Amor, autora do documental, presentou dita obra ante as usuarias e varias alumnas do Grao.

O documental busca arroxar luz sobre o papel das mulleres, na transmisión de valores e nos cambios que se producen dunha xeración a outra. Consta do intercambio de ideas e experiencias entre tres xeracións de mulleres (avoa, nai e filla), tres mundos, tres vidas cas súas coincidencias e as súas discrepancias e que permite somerxerse nesa realidade multiforme e cambiante do que significa ser muller.
 
Logo da visualización da obra pasouse a ter un debate a modo de coloquio sobre os diferentes temas expostos no vídeo, onde as usuarias participaron e intercambiaron opinións e ideas entre elas, co alumnado do Grao, con Gabriela e tamén coa decana. 
 
Agradecemos á Facultade de Socioloxía pola difusión da actividade e pola cesión do espazo para levala a cabo.