Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Fundación Mujeres continua, un ano mais, co Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural na Provincia da Coruña
Mar
02
2022
Volve CUIdadanas ao rural galego
Fundación Mujeres continua, un ano mais, co Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural na Provincia da Coruña
Fundación Mujeres - Delegación Galicia

Fundación Mujeres, co apoio financeiro da Deputación da Coruña, continua un ano máis co Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural, un proxecto que nos permite mellorar e favorecer a saúde e a calidade de vida das coidadoras de familiares con diversidade funcional, fomentando a súa participación en actividades de autocoidado e de participación social, así como o exercicio dunha cidadanía activa.

O acompañamento e a formación que se ofrece en materia de autocoidado, habilidades de comunicación, corresponsabilidade e xestión do tempo, entre outras, pretende que as mulleres poidan exercer os labores de coidado dunha maneira máis saudable, mellorar a súa calidade de vida e que se minimicen os riscos de saúde que corren na actualidade, asociados a malas prácticas e hábitos prexudiciais en relación ás tarefas que desenvolven como coidadoras, fomentando, deste xeito, o seu empoderamento persoal durante toda a intervención.  Ademais, mediante as actividades grupais nas que participan, se reforzan as relación sociais a través da interacción con mulleres que están ou estiveron na mesma situación. 
 
Este ano continuaremos cos grupos iniciados o ano pasado e incorporamos algun novo concello ampliando deste xeito o noso ámbito de intervención na provincia da Coruña, podendo así chegar e dar unha atención de calidade a mais mulleres coidadoras que están nunha situación de especial vulnerabilidade, froito das propias características e consecuencias que teñen os coidados. De feito, para o primeiro semestre do ano levaremos a cabo actividades nos Concellos de Irixoa, Rois e Ordes.
 
Se es cuidadora, excuidadora, ou potencial cuidadora e queres participar nas nosas actividades, chama ao 981 29 40 97 (Extensións 6001 ou 6006) e te informaremos.
 
 
¡Anímate e participa con nos!