Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Formación en xénero a mulleres produtoras de Quisapincha (Ecuador)
Mar
15
2020
Talleres sobre xénero, autonomía, empoderamento económico e dereitos das mulleres
Formación en xénero a mulleres produtoras de Quisapincha (Ecuador)
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Fundación Humana Pueblo a Pueblo Ecuador, en coordinación con PyD e Fundación Mujeres, dando cumprimento ás actividades previstas no Resultado 2, está a levar a cabo os talleres de formación en xénero ás mulleres das asociacións coas que se traballa no marco do proxecto.

O sábado 7 de marzo tivo lugar, no Auditorio do Gad parroquial de Quisapincha, o Taller "Dimensións do liderado persoal" co obxectivo de capacitar a un grupo de 25 mulleres participantes nos procesos formativos sobre xénero, autonomía, empoderamiento económico e dereitos das mulleres, os cales se replicarán nas diferentes Asociacións de produtoras/es ás que pertencen.

 

Mediante esta actividade, enmarcada no proxecto "Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua", executado por Fundación  Humana Pueblo a Pueblo Ecuador en colaboración con Fundación Mujeres e con fondos da Xunta de Galicia - Cooperación Galega, búscase contribuír ao empoderamiento persoal das mulleres, a toma de conciencia das causas e consecuencias dos mecanismos de exclusión existentes no ámbito socioeconómico que lles afectan, así como o aumento da súa autonomía, autoestima e autocuidado. Ademais, ofrecéronse ferramentas para fomentar a participación das mulleres nos espazos públicos de toma de decisión, valorando a importancia da personalidade e seguridade das mulleres no exercicio do liderado.
 
A través de actividades lúdicas, xogos, traballo en equipo e a participación de cada unha, explicáronse as diferentes tipoloxías e dimensións que existen de liderados, a súa relación coa terra e a importancia de pór en valor a súa propia historia.
 
Esta xornada de traballo serviu para afianzar o rol das mulleres indíxenas de Quisapincha no seu territorio, visibilizando as figuras de liderado presentes na zona e motivando ás participantes para favorecer que saian novas lideresas, revalorizando as súas propias árbores genealógicos para que poidan recoñecer as súas historias de vida. 
 
Para terminar, todas as participantes acordaron traballar por un obxectivo común: transformar o seu territorio no lugar no que queren vivir. Para iso, introduciuse o concepto de sororidad e fíxose un chamado a todas os presentes a utilizalo no seu cotidianeidad.