Inicio > Noticias > Rematan as asesorías xurídicas para mulleres vítimas de violencia do occidente do Salvador en 2018
Dic
10
2018
Acompañamento xurídico
Rematan as asesorías xurídicas para mulleres vítimas de violencia do occidente do Salvador en 2018
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
89 mulleres foron atendidas en 2018 no ámbito xurídico grazas ás accións de proxecto

No marco do proxecto “Contribuíndo ao empoderamiento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no occidente do Salvador”, executado por Las Mélidas en colaboración con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia, finalizaron os servizos de asesorías xurídicas brindadas en 2018.

En total foron 89 asesorías xurídicas as que brindou a asociación, das cales 22 finalizaron coa protección dos dereitos das mulleres que sufriran algún tipo de violencia. Aos casos restantes, aínda en proceso, profesionais das Mélidas daranlle o seguimento oportuno.
 
Para garantir que se daba atención ao maior número de mulleres posibles estableceuse unha relación coas autoridades da comunidade de Atiquizaya, quen tamén apoiaron na creación dos mapas de prevención de violencia contra as mulleres. Na devandita reunión acordouse que se xestionaría unha audiencia co consello municipal para dar a coñecer os logros que se alcanzaron despois da coordinación con Las Mélidas.
 
Á finalización do proxecto, as mulleres que foron participantes aseguraron sentirse satisfeitas do proceso e máis seguras, xa que agora saben que poden contar co apoio de Las Mélidas.