Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > FEGADACE colabora con Fundación Mujeres
Jul
23
2021
Coñecendo recursos
FEGADACE colabora con Fundación Mujeres
Fundación Mujeres Delegación Galicia
A Federación Galega de Dano Cerebral impartiu unha charla dirixida ás coidadoras para tratar de axudar a previr esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia no marco dos Espazos de Participación do Servizo de Apoio Integral ás Coidadoras, financiado pola Conselleria de Política Social da Xunta de Galicia dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF.

A charla impartida o mércores 21 de xullo ás 10:30 por Carla Miranda, traballadora social de FEGADACE proporcionou información sobre as principais causas do dano cerebral (o ictus -que está detrás do 78% dos casos- e os accidentes de tráfico), e do modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociacións galegas de dano cerebral, ditado polo Ministerio de Sanidade a través do Imserso.

Durante a súa intervención tamén falou dos factores que poden provocar un ictus. Aínda que é máis habitual en persoas adultas por riba dos 55 anos pode ocorrer a calquera idade. Polo tanto é fundamental estar alerta cos síntomas de alarma e actuar canto antes pode salvar vidas e evitar mais casos de discapacidade adquirida.
 
Asimesmo, durante o tempo de intervención a traballadora social presentou os resultados dun estudo elaborado pola Federación “O coidado informal no dano cerebral adquirido” onde pon de manifesto a perpetuación dos roles de xénero nos coidados non remunerados con familiares con esta discapacidade e as suás secuelas, tanto físicas como emocionais, derivadas das tarefas que require coidar a persoas con dano cerebral, renunciando en moitas veces ao emprego e reducindo o tempo de autocoidado.
 
FEGADACE conta con 5 asociacións a nivel autonómico con recursos disponibles para as persoas con dano cerebral adquirido para traballar nas diferentes fases da discapacidade.
 
Se estás interesada en coñecer estas e outras actividades que realizamos podes contactar connosco chamando ao 981 29 40 97 ou ao correo saicgalicia@fundacionmujeres.es