Inicio > Noticias > Falar en público: "Convence co teu proxecto"
Oct
08
2019
Tes uns minutos para convencer a unha empresa, e cerrar un bo contrato. Como reaccionas?
Falar en público: "Convence co teu proxecto"
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Laura Costoya é coach, formadora e mentora en Starcoach, especialista en comunicación. Contamos coa súa colaboración para que poidas sacar o mellor de ti, convencer e enganchar ao público nuns poucos minutos.

A necesidade de convencer, e ademais en pouco tempo, expoñer o noso proxecto a unha posible empresa provedora ou clienta, a un banco, etc. fai que cada vez sexa mais necesario ter claro cal é o noso discurso, o noso lema. Con que atraemos ao público? Como captamos a súa atención e o seu interese?  E por último, como conseguimos unha entrevista en profundidade?

No mes de decembro celebraremos o XX Encontro de Emprendedoras e Empresarias e, se es empresaria, poderás dispor do MINUTO DE OURO, e se es alumna do noso curso de Creación de Empresa poderás dispoñer de cinco minutos para expoñer o teu proxecto.

Todo isto e mais! poderás preparalo no obradoiro totalmente práctico, dirixido a empresarias e emprendedoras cunha idea de negocio.

LUGAR: ACCEDE PAPAGAIO

DIA: Martes, 5 de novembro de 2019

HORARIO: 9.30 – 13.30

 

As prazas son limitadas! Apúntate neste FORMULARIO

 

Esta actividade está financiada pola Xunta de Galicia, con cargo á asignación tributaria do I.R.P.F. Por solidariedade outros fins de interese social.