Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > #EscuelaDeVeranoFM- XXI Encontro de Emprendedoras e Empresarias: COVID-19 e emprendemento. Novos escenarios, novas oportunidades
Jul
01
2020
O vindeiro 9 de xullo convidámoste ao XXI Encontro de Emprendedoras e Empresarias, nesta ocasión a través de Google Meet.
#EscuelaDeVeranoFM- XXI Encontro de Emprendedoras e Empresarias: COVID-19 e emprendemento. Novos escenarios, novas oportunidades
Fundación Mujeres. Delegación Galicia
Desde Fundación Mujeres queremos crear espazos de reunión, debate e intercambio para Emprendedoras e Empresarias. En momentos difíciles o mellor é dar paso ás ideas #MujeresQuePiensanEnGrande

Como en cada edición do Curso de Creación de Empresa queremos organizar un Encontro que permita ás alumnas do mesmo expor os seus proxectos, así como crear un espazo para o debate e a xeración de ideas, así como favorecer as relacións entre as emprendedoras e tamén coas administracións.

Nesta ocasión, o tema en torno ao cal xira o XXI Encontro de Emprendedoras e Empresarias é a situación nunca antes vivida en todo o planeta e á que temos que facer fronte con novas ideas e novos xeitos de facer: “COVID-19 e emprendemento. Novos escenarios, novas oportunidades”

Contaremos coa participación da Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, Natalia Prieto Viso e coa Concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo do Concello da Coruña, Eva Martínez Acón. Para a mesa Institucional.

Para a mesa de debate contaremos con empresarias de distintos ámbitos, como poden ser a loxística, a xestión de persoas ou o traballo en redes.

PROGRAMA

10:00  Presentación

10:05  Proxección do vídeo “Novos negocios. Novas emprendedoras”

10:15  Panel. Recursos, medidas e axudas para apoiar o emprendemento ante o impacto da COVID-19

11:00  Proxección do vídeo “A miña empresa nun minuto”

11:05  Panel. O impacto da COVID-19 no emprendemento. Claves para o funcionamento da empresa

12:00  Feche do Encontro. Proxección do vídeo “Novos negocios. Novas emprendedoras”

 

Para asistir ao encontro, podes anotarte neste  FORMULARIO.

 

Mais información: asesoriagalicia@fundacionmujeres.net ou 981 29 40 97

 

Esperámoste!!

 

Esta xornada está financiada polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales y Igualdad, con cargo á asignación tributaria de IRPF.