Inicio > Noticias > Empoderamento de mulleres: Mellora a túa empregabilidade
Ene
23
2019
Empezamos formación para mulleres que buscan emprego
Empoderamento de mulleres: Mellora a túa empregabilidade
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Se estás buscando traballo e precisas apoio, esta formación é para ti.

Desde Fundación Mujeres continuamos co programa DANA dirixido ao empoderamento das mulleres para o emprego e o emprendemento.

Durante o primeiro semestre de 2019 realizaremos obradoiros presenciais e titorizacións individuais co obxectivo de traballar as habilidades sociais e competencias para a empregabilidade por conta propia e allea, coñecer os recursos para a mellora da incorporación ao mercado laboral e traballar as competencias dixitais.

Entre outras cousas imos traballar:
 
  • Como defender unha entrevista de traballo
  • Como analizar unha oferta de traballo 
  • Como utilizar as miñas redes sociais para a busca de emprego
  
Mais información e inscripción: AQUÍ
 
Contacta con nós:
 
Av. Monelos, 121 - 1º D. A Coruña
 
E-mail: galicia@fundacionmujeres.es
 
Teléfono: 981 29 40 97 
 
WhatApp: 660 35 58 31