Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Distribución de materiais, sementes e hortalizas para as agricultoras e agricultores en Ecuador
Sep
23
2020
Sinergias entre proxectos de cooperación
Distribución de materiais, sementes e hortalizas para as agricultoras e agricultores en Ecuador
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
As agricultoras e agricultores recibiron materiais, sementes e plántulas de hortalizas para mellorar e diversificar os seus cultivos nas parcelas de uvilla. O obxectivo é xerar dinámicas produtivas sustentables, a diversificación da produción e transición cara a un sistema de produción orgánica.
O equipo técnico de Fundación Humana Pueblo a Pueblo-Ecuador en coordinación coas agricultoras, realizou a entrega de 2 kits de plántulas e sementes de hortalizas e 1 kit de ferramentas a través das sinerxías creadas entre o proxecto "Contribuíndo á eliminación da violencia de xénero con prácticas produtivas sustentables que desfeminizan a pobreza" auspiciado pola Embaixada de Australia, e o Proxecto “Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha. Tungurahua-Ecuador”, levado a cabo en colaboración con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia. Estes kits servirán para ser utilizadas na diversificación dos cultivos e plantación de Uvilla. 
 
Un requirimento das BPAS (Boas PrácticasAgrícolas) é xerar prácticas que diminúan o desgaste dos nutrientes do chan por monocultivos e á súa vez conducir ás agricultoras a unha seguridade alimentaria e crédito económico coa venda dos excedentes producidos. Por esta razón, os kits de hortalizas entréganse de maneira progresiva para evitar a sobreproducción e fomentar o autoconsumo.  
 
Ao redor de 16 agricultores e agricultoras iniciaron xa a colleita das primeiras hortalizas e prevese comercializar un 50% nas diferentes feiras do cantón Ambato.