Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Descubrindo os beneficios do Ioga Integral como ferramenta para mellorar a calidade de vida das coidadoras
Mar
12
2021
Colaboración co centro Mahashakti de A Coruña
Descubrindo os beneficios do Ioga Integral como ferramenta para mellorar a calidade de vida das coidadoras
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
A través da Fundación Mujeres, as usuarias do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras participaron no taller “1, 2, 3…respira outra vez”, dúas sesións onde o propósito era introducir ás asistentes na práctica do Ioga Integral co obxectivo de traballar o corpo, a respiración e as técnicas de relaxación para favorecer o seu benestar.

A primeira actividade presencial deste 2021, enmarcada nos Espazos de Participación do Servizo de Apoio Integral ás Coidadoras e financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, foi un taller sobre Ioga integral que centrouse nos beneficios que esta disciplina de orixe india podería aportar  ás coidadoras se a incorporan a súa vida cotiá.

 

Esta formación, realizada os días 2 e 9 de marzo foi impartida por Raquel Ares, profesora de Ioga Integral, no Centro Mahashakti da cidade de A Coruña. A través das indicacións e as posturas que Raquel amosaba,  as usuarias foron traballando as diferentes partes do seu corpo mediante  exercicios que favorecen a concentración, o equilibrio e a conexión cunha mesma. O final da clase o propósito centrouse na relaxación, a respiración e os procesos emocionais, parte fundamental no Ioga Integral.
 
Estas sesións tiveron moi boa acollida por parte das participantes que valoraron moi positivamente o feito de voltar presencialmente, cumprindo con todas as medidas de seguridade, ás actividades realizadas pola Fundación Mujeres.
 
Se es cuidadora, excuidadora, ou potencial cuidadora e queres participar nas nosas actividades, chama ao 981 29 40 97 (Extensión 6001/6006) e te informaremos.