Inicio > Noticias > Conclúen os obradoiros do SAIC Rural no concello de Ordes
Dic
09
2018
Proxecto cofinanciado pola Deputación Da Coruña
Conclúen os obradoiros do SAIC Rural no concello de Ordes
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Despois de dous meses, rematamos os obradoiros en Ordes nos que, a través de explicacións teóricas e dinámicas, traballamos entre temas coma a xestión emocional.
Nos obradoiros impartidos no marco do proxecto Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural, executado por Fundación Mujeres e cofinanciado pola Deputación da Coruña, as mulleres participantes aprenderon a diferenciar entre emocións e sentimentos, identificar a propia linguaxe corporal ao manifestar as súas emocións, buscando o significado e a intención positiva de cada unha delas e, por último, tratar de xestionalas a través do autocoñecemento.
 
Sabemos que a situación dos coidados conleva un alto grado de estrés, manifestándose a través de pensamentos negativos, rabia, irritabilidade, tristeza, culpabilidade, angustia, soidade, dificultades para concentrarse… por iso dende o proxecto Cuidadanas adicamos varias xornadas para traballar a importancia dos nosos pensamentos e das nosas emocións, dando unha serie de pautas e técnicas moi fáciles de apricares na nosa vida cotiá.
 
Outros temas que traballamos é o das relacións afectivas, o chantaxe emocional e falamos tamén da historia do Feminismo, recordando as mulleres da nosa vida.
 
Dende o comezo destes talleres, as mulleres integrantes mostráronse moi unidas, participativas e con ganas de asistires a tódalas xuntanzas para seguir aprendendo e contrastando as diversas opinións e maneiras de facer.
 
Todas elas pediron que se repetiran estes talleres, xa que lles axudaban, entre outras cousas, a mellorar o seu estado de ánimo.