Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Curso online “A mocidade da Coruña como axente de prevención da violencia de xénero”
Nov
23
2020
Formación Online
Curso online “A mocidade da Coruña como axente de prevención da violencia de xénero”
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
“A mocidade da Coruña como axente de prevención da violencia de xénero” é un proxecto formativo que nace coa intención de favorecer a construción de sociedades libres de violencias machistas a partir de accións de sensibilización e formación en materia de prevención de violencia de xénero dirixidas a persoas novas. Unha formación que, partindo dos intereses da poboación nova e os novos modelos de relación da sociedade actual, integra diferentes eixos centrais da prevención da violencia de xénero, incluídas novas formas de violencia de xénero a través de redes sociais -ciberviolencias- e a sensibilización e prevención da violencia sexual, o uso de espazos e o acoso sexual en espazos públicos.

Fundación Mujeres abre hoxe o prazo de inscrición para a I edición do curso “A mocidade da Coruña como axente de prevención da violencia da xénero” que se desenvolverá entre o 3 e o 22 de decembro de 2020. Trátase dunha actividade formativa financiada polo Concello da Coruña.

Posto que as prazas para a realización do curso son limitadas, cun total de 55, o prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de decembro ou fin das prazas dispoñibles.
 
O curso, de 20 horas de duración, é de balde e online. Diríxese principalmente a rapazada de 13 a 17 anos residentes na Coruña. Tamén poden participar persoas maiores de idade con vínculos á Comunidade Educativa, que interveñan con adolescencia e mocidade.
 
O curso, que será impartido íntegramente en galego, consta de cinco módulos:
 
MÓDULO 1 Violencia de xénero na Mocidade
MÓDULO 2  Mocidade, violencia de xénero e pantallas
MÓDULO 3  Mocidade, violencia de xénero e música
MÓDULO 4  Violencia de xénero e desigualdade nos espazos de lecer
MÓDULO 5  Estratexias para a prevención da violencia de xénero na mocidade
 
Para realizar o curso é necesaria facer unha  pre-inscrición que se pode atopar dispoñible na seguinte ligazón. Aquelas persoas que obteñan praza, recibirán un correo de admisión coas instrucións de acceso á plataforma. Queremos que participes!
 
Certificado por Fundación Mujeres, o curso realízase na súa totalidade a través da Plataforma de Formación Online de Fundación Mujeres.
 
 
Agardámoste!