Inicio > Noticias > Creando redes de comercialización coas Asociacións de produtoras e produtores de Quisapincha (Ecuador)
May
21
2020
Sinerxias entre proxectos
Creando redes de comercialización coas Asociacións de produtoras e produtores de Quisapincha (Ecuador)
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Fundación Humana Pueblo a Pueblo Ecuador contribúe a fortalecer circuítos curtos de comercialización no marco do proxecto financiado por la Xunta de Galicia – Cooperación Galega e executado en colaboración de Fundación Mujeres.

Fundación Humana Pueblo a Pueblo Ecuador logrou unha alianza estratéxica co proxecto “Acción Territorio Demostrativo Píllaro - Laif” executado por CESA desde o ano 2018 onde se viñeron xerando circuítos curtos de comercialización de verduras, hortalizas e froitas das comunidades da provincia de Tungurahua. 

 

As persoas beneficiarias doutros dos seus  proxectos, entre eles o executado en colaboración de Fundación Mujeres, “Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da parroquia de Quisapincha, Tungurahua”, cofinanciado a Xunta de Galicia, atópanse participando de esta iniciativa que xorde no contexto actual de crise sanitaria covid-19. Existe a necesidade de fortalecer ás pequenas produtoras e produtores da parroquia e evitar unha caída da economía local. Por iso, é importante articular con outras organizacións formas e alternativas de comercialización creativas que lles reporten beneficios e eliminen a intermediación como, por exemplo, a entrega de canastras a domicilio. Un traballo en conxunto para prover e diversificar a oferta de produtos de Quisapincha e Píllaro á cidade de Quito.
 
O equipo técnico dos dous proxectos que Fundación Humana executa en Quisapincha realiza a loxística das actividades na parroquia, en coordinación coas técnicas do proxecto “Acción Territorio Demostrativo Píllaro - Laif”. Se organiza a recepción dunha listaxe de produtos demandados na capital, se contact a con os agricultores e agricultoras mediante chamadas telefónicas e realízase a recepción de produtos baixo un estrito control de calidade. Así mesmo, cóidase a saúde dos e a produtoras dotándolles do adecuado equipo de protección persoal e a entrega dos produtos no centro de provisión na Parroquia de Píllaro para ser trasladados ata a cidade de Quito. Todo este proceso conta coas debidas medidas de bioseguridad para a recepción e despacho de produtos.
 
Fundación Humana ten previsto abrir canles de comercialización que complementen os procesos de formación e produción das produtoras e produtoras de Uvilla e Cuy (produtos dos proxectos en execución). A este respecto, agradecer ao equipo técnico do proxecto “Acción Territorio Demostrativo Píllaro - Laif”, a iniciativa e a apertura a un traballo interinstitucional coordinado e espérase que a futuro se poidan realizar acordos comerciais entre as organizacións de produtores e produtoras participantes.