Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Cooperación interinstitucional para o fomento da produción agrícola en Ecuador
Sep
30
2020
Doazón de materiais
Cooperación interinstitucional para o fomento da produción agrícola en Ecuador
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Fundación Humana Pobo a Pobo-Ecuador e o GAD Parroquial de Quisapincha realizaron a entrega do arame galvanizado e os medicamentos veterinarios doadas a 7 asociacións da parroquia asociadas aos proxectos financiados pola Xunta de Galicia e a Axencia Estremeña de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento.

A mediados do mes de setembro, Fundación Humana Pueblo a Pueblo-Ecuador (FHPPE) realizou a entrega de materiais para 7 asociacións beneficiarias dos proxectos que está a levar a cabo na Parroquia de Quisapincha, entre eles o executado en coordinación con Fundación Mujeres e financiado pola Xunta de Galicia, “Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da parroquia de Quisapincha, Tungurahua”.

 
Este evento desenvólvese no marco de cooperación interinstitucional entre FHPPE e o GAD Parroquial de Quisapincha desde onde, despois de varias xestións, acordaron doar 33 rolos de arame galvanizado para o proxecto de uvilla e medicamento veterinario para o proxecto do cuy, apoio valorado en 6.000 dólares. No caso do arame, os materiais doados, utilizaranse para o correcto tutorado da plantación de uvilla. Esta acción ten como obxectivo o fortalecemento da capacidade de produción das asociacións produtoras de uvilla con enfoque de xénero e agroecología.