Inicio > Noticias > Convocado Programa I+E+E 2011, axuda a fondo perdido para creación de empresas
Abr
04
2011
Programa
Convocado Programa I+E+E 2011, axuda a fondo perdido para creación de empresas
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Axuda destinada a empresas privadas de nova creación, principalmente con forma xurídica de Sociedade Limitada, con domicilio social en Galicia.

O programa de iniciativas emprendedoras e de emprego está dirixido a aquelas persoas desempregadas que creen unha empresa con forma xurídica de sociedade limitada ou anónima, entre outras.

Inclúe os seguintes tipos de axudas:


a) Subvención á xeración de emprego estable

b) Subvención financeira


c) Subvención para asistencia técnica


d) Subvención para o inicio da actividade


e) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Para todas aquelas sociedades que xa estiveran creadas antes do día 28 de marzo de 2011, o prazo de presentación de solicitudes remata o día 29 de abril.

O prazo xeral para a presentación de solicitudes das axudas deste programa finalizará o 30 de setembro
de 2011, aínda que para determinadas liñas, o prazo é de un mes desde o cumprimento das condicións.

Para ampliar información podes consultar a Orde AQUÍ.