Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Comezamos o obradoiro de Autocoñecemento e Autoestima en Ordes
Oct
08
2020
O SAIC Rural volve a Ordes neste 2020, cun grupo de 16 mulleres inscritas
Comezamos o obradoiro de Autocoñecemento e Autoestima en Ordes
Fundación Mujeres delegación Galicia
O Servizo de Apoio a Mulleres Coidadoras do Rural volta a Ordes na súa cuarta edición, cun programa de obradoiros que versarán sobre Autocoñecemento e Autoestima, Manexo do móbil e Prevención do Acoso na rúa.

Fundación Mujeres regresa ao concello de Ordes co Servizo de Apoio Integral a Coidadoras do medio rural.

Este é o cuarto ano que nos achegamos ao concello de Ordes para poñer en marcha o Servizo de Apoio a Mulleres Coidadoras do Medio Rural. Este concello da Mancomunidade conta sempre cun amplo número de mulleres interesadas en asistir aos talleres. Contamos, nesta edición, con 16 mulleres inscritas.

O pasado luns día 6 de outubro púxose en marcha o programa de talleres no local social, comezando polo obradoiro de Autocoñecemento e Autoestima: “Como me quero?, como me sinto?”.

A través deste obradoiro, imos traballar sobre os seguintes obxectivos:

¨  Coñecer a percepción que as mulleres teñen de si mesmas e identificar e recoñecer a percepción que os e as demáis teñen sobre elas.  

¨  Tomar conciencia sobre a importancia de desenvolver unha autoimaxe e autoestima positivas.

¨  Conseguir unha visión realista sobre como somos (a través do coñecemento e aceptación das habilidades e dificultades).

¨  Analizar posíbeis aspectos que teñan influido e influan en como actuamos e nos sentimos actualmente, para quitarnos de enriba as mensaxes recibidas que temos interiorizadas e que nos perxudican.

Durante tres sesións estaremos adicadas a traballar nestes aspectos a través de dinámicas participativas e da reflexión grupal. O obradoiro prolongarase até o vindeiro luns 26 de outubro.