Inicio > Noticias > Celebramos o último día de talleres do SAIC Rural en Pontedeume
Dic
03
2018
Despois de dous meses e medio, rematamos o ciclo de talleres en Pontedeume
Celebramos o último día de talleres do SAIC Rural en Pontedeume
Fundación Mujeres
Fixemos entrega de diplomas ás coidadoras participantes no Servizo de Apoio Integral no medio Rural na provincia de A Coruña. Este ano era o primeiro que se ofrecían os talleres no concello de Pontedeume e a experiencia resultou moi positiva.

O mércores 28 de novembro celebramos no Concello de Pontedeume o derradeiro día de obradoiros enmarcados no Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural, proxecto executado por Fundación Mujeres e cofinanciado pola Deputación da Coruña.

 
Durante este tempo traballamos entre todas a nosa autoestima, o noso autocoidado, tratamos de mellorar as nosas habilidades comunicativas e fixemos conciencia do noso corpo aprendendo técnicas de relaxación.
 
Seguindo as opinións persoais das usuarias, ó remate destas sesións, comentaron que se sentían mellor consigo mesmas e se valoraban moito máis coma mulleres e coma coidadoras.
 
Tamén engadiron que estas xuntanzas lles axudaron a coñecer as súas necesidades e os seus medos para facerlles frente, e valoraron moitísimo a compañía e comprensión das demais compañeiras. Destacaron tamén que agora teñen máis inicitiva á hora de tomar decisións.
 
Todas elas dixeron estar moi agradecidas á Fundación Mujeres e a Deputación da Coruña por teres este tipo de iniciativas e sinalaron que lles gustaría repetir a experiencia.
 
Sen dúbida, este grupo de coidadoras atoparon o espazo adecuado para compartir as súas experiencias sen tabúes, falar das súas inquedanzas e sentirse entendidas por outras mulleres na mesma situación.