Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Avances nas actividades do proxecto para fomentar a autonomía económica e social das mulleres de Quisapincha (Ecuador)
Dic
15
2019
Novidades en canto á exportación de uvilla fresca e o estudo de mercado
Avances nas actividades do proxecto para fomentar a autonomía económica e social das mulleres de Quisapincha (Ecuador)
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Ao longo do mes de decembro continúan as reunións con diferentes axentes para poder dar arranque a dous das actividades contempladas no proxecto, o estudo de mercado para a venda da uvilla e a formación en xénero para as mulleres participantes.

O pasado 13 de decembro, Ecuador iniciou a primeira exportación de uvilla fresca a supermercados de Estados Unidos. Esta noticia xera un escenario moi favorecedor para para a poboación participanche en o proxecto “Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua” cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por Fundación Humana Pueblo a Pueblo Ecuador en colaboración con Fundación Mujeres.

 
Así mesmo, nestes días iniciouse a consultoría que vai elaborar o estudo de mercado e coa axuda da cal xa comezaron as negociacións que darán lugar ao mercado definitivo para a venda da uvilla.
 
O proxecto segue contribuíndo a promover a produción agrícola da uvilla, conservando os recursos naturais elementais da produción de alimentos tales como o chan, auga e biodiversidade. Dentro do último taller de Boas Prácticas Agrícolas (BPAs) realizado este ano, traballáronse temas como a produción de abonos orgánicos, bioles ou té de froitas utilizados como fertilizantes, ademais da medición de pendentes para a correcta sementeira das plántulas.
 
Doutra banda, tamén se contactou coa Asociación Paz e Desenvolvemento para impartir os talleres de xénero, que darán inicio a segunda semana de xaneiro debido ás datas nas que nos atopamos.