Inicio > Noticias > Avances na construción do centro de provisión de Uvilla en Quisapincha (Ecuador)
Ene
27
2021
Producción e comercialización de uvilla
Avances na construción do centro de provisión de Uvilla en Quisapincha (Ecuador)
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
A inicios deste mes arrinco o desbanque de terra (movemento e retiro de terra) sobre o terreo onde se vai a realizar a construción do centro de provisión que servirá ás agricultoras para a recepción do froito, co que xa se está comercializando.

Desde  principios de ano está a levarse a cabo o desbanque de terra do terreo situado na comunidade de Condezan, propiedade das asociacións beneficiarias do proxecto “Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua, Ecuador” financiado pola Xunta de Galicia e executado por Fundación Humana Pobo a Pobo Ecuador en colaboración con Fundación Mujeres. Esta actividade cumpre co obxectivo e necesidade de contar cunha planta de provisión de uvilla para darlle unha clasificación adecuada ao froito unha vez recollido das parcelas. Para o desenvolvemento desta actividade contouse co apoio do Honorable Goberno Provincial de Tungurahua, quen facilitaron a maquinaria pesada (volquetas e máquina escavadora) necesaria. Mentres se termina a construción do centro de provisión seguirase recepcionando a froita de uvilla nas oficinas de Fundación Humana en Quisapincha.

 
 
En relación á comercialización da froita, a decembro do 2020 xa se manexaban uns 140 quilos de uvilla, froita proveniente das 14 primeiras agricultoras que sementaron as plantas durante o primeiro trimestre do 2020 e prevese un aumento do 40% da froita durante os primeiros meses do ano 2021. De feito, a finais deste mes xa se está comercializando un total de 170 Quilos, percibindo as mulleres un ingreso aproximado de 145 usd, sendo isto unha avance importante para a consecución dun dos obxectivos do proxecto “mellorar a autonomía económica das mulleres”.