Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Asistencias técnicas con asociacións agrícolas de Ecuador durante a crise sanitaria Covid-19
May
19
2020
Seguimento ás plantacións de uvilla das comunidades de Quisapincha
Asistencias técnicas con asociacións agrícolas de Ecuador durante a crise sanitaria Covid-19
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
A pesar de que continúa a corentena en Ecuador, o equipo de Fundación Humana Pueblo a Pueblo Ecuador, baixo as normativas de bioseguridad e co obxectivo de fortalecer as capacidades de produción das asociacións produtoras de uvilla, seguen organizando ás asociacións e realizando o monitoreo e asistencia técnica de maneira personalizada ás plantacións de uvilla en varias comunidades de Quisapincha.

Durante este tempo no que Ecuador está inmerso nun Estado de Excepción debido á crise sanitaria do Covid-19, Fundación Humana Pueblo a Pueblo Ecuador continuou co desenvolvemento de varias actividades na parroquia de Quisapincha, no marco do proxecto “Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua”, que executa en coordinación con Fundación Mujeres e financiado pola Xunta de Galicia-Cooperación Galega.

 

O equipo técnico levoyu a cabo 7 reunións cun número de 5 – 6 agricultoras/es, nas oficinas de Humana-Quisapincha, para avaliar, informar e coordinar os pasos a seguir durante a crise sanitaria que vive o país. Nas diferentes reunións  tratáronse entre outros aspectos a avaliación do contexto local, o proceso de entrega de plantas de uvilla, a comercialización de produtos agrícolas e a realización das asistencias técnicas. As actividades desenvólvense entre as 5 da mañá e as 2 do mediodía, horario de mobilización permitido polo goberno nacional.
 
Ata mediados do mes de maio realizáronse ao redor de 50 asistencias técnicas aos cultivos de uvilla nas comunidades de Cachilvana Grande, Cachilvana chico, Condezan, Quindialo e Puganza para identificar que os terreos cumpren coa posta en práctica das técnicas de produción do cultivo ditadas nas capacitacións de BPAS (Boas Prácticas Ambientais), como o rastrado, distancias de sementeira, trazado e hoyado. Unha vez sementadas as plantas de uvilla realízanse recomendacións de como previr pragas e enfermidades. O obxectivo é xerar hábitos de coidado de cultivo para o correcto desenvolvemento do mesmo. 
 
Así mesmo, en cada asistencia técnica ou reunión lémbraselles a importancia do uso de máscara, luvas, lavado de mans e uso de alcol  como medidas de hixiene e bioseguridad.