Inicio > Noticias > Cuidadanas asiste á exposición Sonoro Empeño en A Fundación de ABANCA en A Coruña.
Feb
15
2019
As usuarias do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras desfrutaron dunha gran cantidade de obras de arte galegas e internacionais de gran recoñecemento e prestixio.
Cuidadanas asiste á exposición Sonoro Empeño en A Fundación de ABANCA en A Coruña.
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
A actividade, que tivo lugar o 14 de febreiro, constaba dunha visita guiada nun percorrido que plantexa a confluenza entre música e pintura, puidiendo desfrutar de ate un total de 50 pezas excepcionais das coleccións de arte de ABANCA y Afundación.

Esta actividade, enmarcada nos Espazos de Participación do Servizo Integral de Apoio a Coidadoras, foi dinamizada por unha guía especializada que lles acercou ás coidadoras obras e pinturas complexas e recoñecidas dunha forma técnica, amena e extensa.

As asistentes puideron contemplar obras de diversa índole e artístas como Julia Minguillón, Menchu Lamas, Laxeiro, Xaime Quesada, Urbano Lugrís, Picasso ou Kandinsky, entre otras.

O percorrido consistía en sumerxirse na relación entre as artes plásticas e a música en diferentes etapas da historia. A pesar de ser disciplinas artísticas distintas, son moitos os puntos de encontro entre elas e nesta exposición fan unha interesante representación delas. O título da exposición, Sonoro Empeño, foi tomado dun poema de Rafael Alberti que trata sobre estes dous temas afíns, pintura e música. 
 
A visita, ademais, daba pe á reflexión e a sentir o que as obras lle suscitasen a cada persoa. Esta actividade durou unha hora e tivo gran aceptación entre as asistentes. 
 
Agradecemos a colaboración da Fundación A Banca para desenvolver esta actividade.