Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Aprendendo sobre alimentación saudable
May
15
2020
Continua a formación online para as coidadoras #QuédateNaCasa
Aprendendo sobre alimentación saudable
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Facendo fincapé nos hábitos saudables como forma de autocoidado, Fundación Mujeres levou a cabo un taller de alimentación dirixido ás coidadoras que participan no Servizo de Apoio Integral a Mulleres Coidadoras, para que sexan conscientes de todo o proceso que implica o acto para comer, desde como realizamos a lista da compra, compramos, cociñamos e inxerimos os alimentos.

Hoxe en día existen múltiples condicionantes na nosa forma de vida que nos conducen, con frecuencia, a levar unha alimentación inconsciente vinculada a comer en exceso e ligada á tensión e á ansiedade.

 

Lograr unha alimentación saudable, realizando unha elección consciente cara aos alimentos que inxerimos ás veces non é tarefa fácil. Durante o taller, levado a cabo o mércores 13 de maio de 11 h a 13 h a través da ferramenta telemática meet de Google, debatemos sobre a forma de relacionarnos cos alimentos e a comida. Trátase de saber como nos sentimos e para comer escoitando as necesidades do noso organismo, separándoa das emocións.
 
Durante a duración do taller as participantes comentaron as prácticas que realizan en casa e como os patróns mentais e emocionais están relacionados coas condutas alimentarias.
 
Esta actividade levouse a cabo no marco do Servizo de Apoio a Mulleres Coidadoras, executado por Fundación Mujeres e cofinanciado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
 
Se es coidadora, excoidadora, o potencial coidadora y queres participar nas próximas actividades, chama ao 981 294 097 (extensión 6001) ou manda un mail a igualdadgalicia@fundacionmujeres.es e te informaremos.
 
¡Anímate e participa con nos!