Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > A finais deste mes de novembro rematamos os obradoiros en Concellos coma As Pontes, Cerceda e Cabanas na provincia da Coruña.
Nov
08
2020
Un ano máis a Fundación Mujeres vólvese desprazar polos municipios coruñeses para dar continuidade ao seu proxecto de Servizo de Apoio as Mulleres Coidadoras no ámbito rural.
A finais deste mes de novembro rematamos os obradoiros en Concellos coma As Pontes, Cerceda e Cabanas na provincia da Coruña.
Fundación Mujeres Delegación de Galicia
A pesares da situación que estamos a vivir, o proxecto de Servizo de Apoio as Mulleres Coidadoras no ámbito rural, cofinanciado pola Deputación da Coruña, volve ter unha gran acollida.

Dende o 2013 desenrolamos distintos obradoiros de Activación Persoal e Social para mellorar a saúde e calidade de vida das mulleres coidadoras non profesionais no ámbito familiar.

Este programa volve triunfar por segundo ano consecutivo en As Pontes e Cerceda e da comezo en novas zoas rurais como en Cabanas.
 
Ao longo das sesións apréndense habilidades útiles para a vida cotiá, formas de autocoidado e destrezas comunicativas coma a asertividade e escoita activa; ferramentas necesarias para mellorar a autoestima das usuarias, fortalecer a súa autoconfianza e poñer límite aos malestares asociados ás tarefas do coidado.
 
Tamén se abordaron temáticas de Activación Dixital para o manexo das distintas utilidades do móbil e, para dar remate ó programa, abrimos un espazo de participación grupal sobre a Prevención do Acoso na rúa.
 
Engadir o noso agradecemento a tódalas usuarias participantes e a todo o persoal dos tres Concellos pola súa colaboración e entrega.