Inicio > Noticias > Finaliza o Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural
Dic
23
2019
Desenvolvido por Fundación Mujeres co apoio da Deputación da Coruña
Finaliza o Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural
Fundación Mujeres-Delegación Galicia
Un total de 223 mulleres participaron neste Servizo dirixido a mellorar a saúde e a participación social das coidadoras.

O longo deste ano se desenvolveron talleres para promover o desenvolvemento persoal e social das coidadoras de doce concellos da provincia da Coruña: Cerceda, Bergondo, Ares, As Pontes, Melide, Pontedeume, Sada, Curtis-Teixeiro, Ordes, Culleredo, Ortigueira e Laracha.

O total das usuarias mostráronse moi satisfeitas coa impartición dos talleres. Polo tanto podemos ver que se conseguiron cumprir as expectativas e os obxectivos marcados para a implementación do programa SAIC Rural nos devanditos concellos. Ao final da intervención as participantes cubriron unha enquisa de valoración dos talleres. Algunhas das opinión recollidas no apartado “Este taller serviume para… deime conta de…” foron:
 
- “Compartir experiencias”
- “Valorarme máis e dinme conta do importante de quererse unha mesma”
- “Para aprender, para estar con persoas que teñen o mesmo problema e falar”
- “Levar mellor as cousas e relaxarse”
- “Estar en grupo é moi importante”
- “Ver que son capaz de compartir e ver que non pasa nada por parar dúas horas”
- “Darme conta da falta que me facía escoitar a outras persoas que están a pasar o mesmo que eu”.
- “Valeume para estar distraída dos meus pensamentos e aprender a vivir un pouco mellor, espero que volva”.
- “Para desconectar, relacionarme con máis xente e relaxación”.
- “Necesitamos máis talleres”.
 
Valorase moi positivamente a cohesión grupal xerada a través dos talleres, onde se traballou a conciencia de “coidadoras” como unha situación determinada polos estereotipos e roles de xénero, pero tamén dende a cal elas mesmas poden comezar a cambiar a súa vida. 
 
Pódese concluír, xa que logo, que o servizo aportou múltiples beneficios ás usuarias e que a posibilidade de dispor deste espazo de aprendizaxe e empoderamento, faise fundamental para a promoción da súa saúde e benestar. Tanto é así que as propias participantes gustarían de poder contar co servizo ao longo de todo o ano.
 
Agradecer ao persoal de Servizos Sociais e ao tecido asociativo destes Concellos que colaborou con Fundación Mujeres na posta en marcha do programa nestes territorios.