Inicio > Noticias > Nova edición do Curso de Creación de Empresa na Coruña
Feb
05
2020
O 10 de marzo daremos comezo a unha nova edición do Curso de Creación de Empresas
Nova edición do Curso de Creación de Empresa na Coruña
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
En breve iniciaremos a XXVI Edición do Curso de Creación de Empresa na Delegación de Galicia, dirixido a emprendedoras cunha idea de negocio e a empresarias interesadas en reformular o seu proxecto.

 O Curso de Creación de Empresa é unha formación semipresencial dirixida a:

  • Emprendedoras que desexan analizar a viabilidade do proxecto antes da súa posta en marcha.
  • Empresarias que queren estudar a viabilidade do seu negocio co obxectivo de melloralo e consolidalo.

A formación ten carácter gratuíto, e as prazas son limitadas. Ten unha duración de 120 horas, das cales 35 son obrigatorias e presencias e o resto a través do noso Campus Online. 

A metodoloxía de traballo é fundamentalmente práctica, o cal combina a eficacia da formación presencial coa flexibilidade da formación online. 

Ao longo do trimestre reforzaremos a formación con diversos obradoiros complementarios sobre áreas concretas que seguro serán de grande interese. 

As datas presenciais do curso son:  

  • 10 de marzo: Introdución, Metodoloxías e Ferramentas
  • 17 de marzo: Estudo de Mercado
  • 31 de marzo: Estudo de Mercado II
  • 14 de abril: Plan de Marketing
  • 28 de abril: RRHH, Produción e Plan Xurídico
  • 12 de maio: Plan Económico Financeiro
  • 19 de maio: Plan Económico Financeiro II

Horario: 9.30 - 14.30

Lugar: Centro Cívico Castrillón.

 INSCRÍBETE NESTE FORMULARIO.

  

Porémonos en contacto contigo! 

 

981 29 40 97 / 663 20 25 28


asesoriagalicia@fundacionmujeres.net