Inicio > Eventos > Empoderamento de mulleres para a mellora da empregabilidade
Ene
23
2019
Empoderamento de mulleres para a mellora da empregabilidade
Formación
Tipo de Evento: Externo
Lugar: Centro Cívico Castrillón
Dirección: Praza Pablo Iglesias, s/n
Ciudad: A Coruña
Fechas: 22/01 / 30/06
Horas: 09:30 / 13:30
Convoca: Fundación Mujeres

Dende Fundación Mujeres continuamos co programa DANA dirixido ao empoderamento das mulleres para o emprego e o emprendemento.

Durante o primeiro semestre de 2019 realizaremos obradoiros presenciais e titorizacións individuais co obxectivo de traballar as habilidades sociais e competencias para a empregabilidade por conta propia e allea, coñecer os recursos para a mellora da incorporación ao mercado laboral e traballar as competencias dixitais.
 
Imos traballar: 
 

- Habilidades e competencias para o emprego

- Habilidades e competencias para o autoemprego

- Competencias dixitais para o emprego

- Habilidades e competencias básicas para o emprego e o autoemprego 

- Formación para a procura de emprego online. 

 
Escolle a edición que mais che conveña e inscríbete: AQUÍ
 
Contacta con nós:
 
E-mail: galicia@fundacionmujeres.es
 
Teléfono: 981 29 40 97
 
WhatApp: 660 35 58 31